Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida a principal provedora de heroína de Santiago nunha operación da Policía Nacional

Detida a principal provedora de heroína de Santiago nunha operación da Policía Nacional

A policía asegura que non hai un incremento da droga na cidade, senón que mudou o xeito de consumir

G24.gal 13/10/2023 16:27

A Policía Nacional detivo a principal provedora de heroína de Santiago que contaba con antecedentes por feitos similares e que xa está sendo investigada por un presunto delito contra a saúde pública. A muller ten 72 anos e é natural de Vigo.

Os axentes interceptárona no seu vehículo cando levaba más de cinco mil doses de heroína e cocaína e frecuentaba habitualmente diferentes puntos negros de venda de estupefacientes, o que xa levantara a sospeita das forzas de seguridade, que abrira unha investigación o mes pasado. 

Tamén no mes de xullo houbo máis detencións arredor doutro punto negro detectado na rúa do Home Santo, pero a policía asegura que non hai un incremento da droga na cidade, senón que mudou o xeito de consumir.  

Os axentes lembran a importancia da colaboración cidadá para transmitir información sobre movementos estraños que vexan no seu barrio a través dunha chamada telefónica ou da sección Colabora da súa páxina web. Datos que moitas veces poñen os axentes sobre a pista e que poden desembocar en exitosas investigacións como as últimas que levou a cabo na Policía Nacional de Santiago.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade