Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o home acusado dun acoitelamento tras saír dun pub en Lugo

Detido o home acusado dun acoitelamento tras saír dun pub en Lugo

O mozo agredido quedou ferido e permanece ingresado, pero está fóra de perigo

A arma coa que supostamente se produciu a agresión foi localizada e entregada á Policía

Lugar dos feitos Lugar dos feitos
G24.gal 05/08/2024 17:28

Efectivos da Policía Nacional detiveron este luns en Lugo un home acusado de agredir cun coitelo a outro nunha liorta acontecida na madrugada do domingo.

En concreto, os feitos tiveron lugar ás portas dun local de lecer nocturno situado na rúa Amor Meilán, onde se iniciou unha discusión entre os dous homes. Nun momento dado, un deles sacou un coitelo e infrinxiu feridas ao outro.

A vítima foi trasladada ao Hospital Lucus Augusti, ademais de polos cortes, para ser asistido dun golpe que se deu na cabeza ao caer ao chan. Permanece ingresado, pero está fóra de perigo, segundo confirmaron fontes sanitarias.

Foi a parella do mozo agredido a que denunciou os feitos, que se están investigando. A arma coa que supostamente se produciu a agresión foi localizada por persoal municipal de limpeza e entregada á Policía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade