Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida en Alxeciras unha parella francesa que ía ao Sáhara co fillo secuestrado

Detida en Alxeciras unha parella francesa que ía ao Sáhara co fillo secuestrado

A parella, con problemas psiquiátricos, tiña a intención de asasinar o neno de cinco anos, ao crer que estaba posuído

G24.gal 30/12/2023 12:11 Última actualización 30/12/2023 12:34

A Garda Civil detivo no Porto de Alxeciras un matrimonio de orixe francesa sobre o que pesaba unha orde europea de detención e entrega por estar en perigo a vida do seu fillo menor de idade.

A parella, con problemas psiquiátricos, viaxaba ao Sáhara coa intención de asasinar o seu fillo de cinco anos ao crer que estaba posuído.

Segundo informa nun comunicado a Benemérita, o matrimonio foi localizado cando estaba a piques de embarcar no porto de Alxeciras con destino a Tánxer. O menor atópase en bo estado de saúde e foi trasladado a un centro de menores para o seu coidado e posterior traslado a Francia.

Hai uns días a Compañía Fiscal e de Fronteiras recibiu unha solicitude de colaboración urxente por parte da Xendarmería francesa en que se precisaba axuda para localizar unha parella que podería estar a viaxar xunto ao seu fillo de cinco anos con dirección a Marrocos.

Pensaban que estaba posuído

De acordo cos datos transmitidos polo instituto armado galo, o matrimonio tiña antecedentes psiquiátricos e comunicáralle a outra persoa próxima as súas intencións de viaxar ao Sáhara para sacrificar o seu fillo ao crer que estaba posuído.

Ante a gravidade dos feitos, montouse un dispositivo de seguridade cubrindo os puntos de saída desde a península cara a Marrocos e grazas a iso a familia foi localizada. Tras a detención, a autoridade xudicial ordenou o ingreso en prisión do pai e da nai.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade