Detido un motorista en Ourense por circular en sentido contrario, con matrícula falsa e drogas
Detido un motorista en Ourense por circular en sentido contrario, con matrícula falsa e drogas
É un home de nacionalidade belga arrestado pola Garda Civil por un suposto delito de falsidade documental
Un particular avisou do seu comportamento pola N-120 en sentido contrario
Axentes da Garda Civil de Ourense en colaboración coa Policía Local detiveron o domingo 14 de maio un mozo belga que circulaba en moto por Ourense cunha matrícula falsa e con substancias estupefacientes.
O vehículo levaba unha placa de matrícula pero o bastidor correspondía con outra de matrícula española.
Quedou arrestado por un suposto delito de falsidade documental. Un particular avisou a emerxencias tras ver quer un motorista ciculaba en sentido contrario pola N-120. Interceptárono no quilómetro 571 ao seu paso por Ourense.
Sorprendérono á altura da zona das coñecidas como Torres do Pino. Canda el ía outro motorista, tamén con matrículas belgas.
Os axentes interviñeron na operación dúas pequenas bolsas con substancias estupefacientes que levaba o detido.
O motorista, de nacionalidade belga, foi posto a disposición xudicial como suposto autor dun suposto delito de falsidade documental, e ademais ppuxeronlle unha denuncia administrativa por posesión ilícita de estupefacientes.
Pola súa conduta delituosa podería afrontar penas de prisión de seis meses a un ano e multa de tres a seis meses. O veh´ciulo quedou a disposición xudicial no depósito municipal da Policía Local de Ourense.
É o segundo condutor interceptado en poucos días en Ourense con drogas.