Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos dous mozos na Pastoriza por varios roubos

Detidos dous mozos na Pastoriza por varios roubos

Os mozos levaron un coche, dous mandos a distancia, un quad, unha minimoto, un remolque para o gando, dous cascos, lentes, diñeiro e baterías

G24.gal 15/03/2024 16:27 Última actualización 15/03/2024 16:41

Axentes da Garda Civil  detiveron dous veciños da Pastoriza de 23 e 19 anos de idade, como investigados por un delito de roubo con forza e tres de furto.

O furto perpetrouse o pasado 5 de marzo nunha casa de Bretoña, na Pastoriza.

Supostamente, os detidos accederon á vivenda e levaron un televisor e dous mandos a distancia.

Mentres a Garda Civil investigaba ese suceso, o pasado luns -día 11- produciuse un roubo con forza nunha vivenda no termo municipal da Pastoriza. Os autores romperon o cristal dunha xanela, accederon ao seu interior e levaron unha minimoto, dous cascos, lentes, diñeiro en efectivo e dúas baterías dun quad.

Ante a imposibilidade de transportar estes obxectos no seu propio vehículo, os sospeitosos accederon alpendre anexo á vivenda e tamén se apropiaron dun remolque para transporte de gando, no cal cargaron os obxectos roubados.

Ás 23:00 horas dese mesmo día, axentes da Garda Civil identificaron os supostos ladróns cando circulaban a bordo dun turismo de similares características ao utilizado no roubo perpetrado horas antes. No maleteiro do coche atoparon os cascos e as baterías do quad.

O remolque roubado foi localizado media hora despois na área recreativa da Riboira-A Pastoriza, oculto tras uns cipreses. Xunto a el tamén acharon unha placa de matrícula vinculada a un vehículo propiedade do dono do remolque.

Na madrugada do día 12 foi atopada a minimoto, tirada nas inmediacións dun camiño rural, tapada con vexetación.

Este venres, ambos os detidos devolveron en dependencias da Garda Civil o televisor e os dous mandos a distancia roubados o pasado día 5 de marzo.

A investigación policial continúa aberta. A Garda Civil non descarta que haxa máis implicados nestes sucesos. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade