Detidos dous veciños de Lugo por roubar en polígonos facéndose pasar por empregados de paquetería
Detidos dous veciños de Lugo por roubar en polígonos facéndose pasar por empregados de paquetería
Para pasaren desapercibidos camuflábanse baixo o uniforme dunha coñecida empresa de envíos
Deteñen dous veciños de Lugo que roubaban en polígonos industriais facéndose pasar por empregados dunha empresa de paquetería. Para pasar desapercibidos camuflábanse baixo o uniforme dunha coñecida compañía de envíos. Todo o seu plan quedou ao descuberto no último asalto a unha empresa láctea de Rábade.
Tras varios días notando a falta dalgunhas pezas de aceiro que gardaban nun almacén, descubriron, grazas ás cámaras de vixilancia que gravaron cada un dos seus pasos, que eran os supostos mensaxeiros os que as levaban. As pezas estaban valoradas en 40.000 euros e agora, tras a detención, foron recuperadas.
Os detidos son dous veciños de Lugo acusados dun delito continuado de furto e falsificación de documentación mercantil.