Cargando resultados...
Dez anos de cadea para o home que matou o seu irmán en Rábade
Dez anos de cadea para o home que matou o seu irmán en Rábade
Así o ditaminou a Audiencia Provincial de Lugo, de acordo co veredicto do tribunal do xurado
O condenado asasinou o seu irmán discapacitado en 2019 na vivenda que compartían
G24.gal
23/11/2021 18:44
Pena de dez anos de cadea para o acusado de matar o seu irmán en Rábade segundo ditaminou a Audiencia Provincial de Lugo, de acordo co veredicto do tribunal do xurado.
Os feitos aconteceron en novembro de 2019 cando este home fora sentenciado como autor dun delito de homicidio, co agravante de parentesco e as atenuantes de confesión e arrebato, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O xurado popular xa o declarara culpable por unanimidade do asasinato do seu irmán discapacitado, esganándoo na vivenda que os dous compartían na localidade luguesa.