Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dez detidos polos incidentes na protesta da mexilla do 13 de abril en Santiago

Dez detidos polos incidentes na protesta da mexilla do 13 de abril en Santiago

Os arrestados investíganos por supostos delitos de desordes públicas, atentado a axentes da autoridade e lesións

G24.gal 21/06/2023 10:10

Os incidentes do pasado 13 de abril en Santiago durante as protestas polo conflito da mexilla deixan dez persoas detidas sinaladas como investigadas pola presunta comisión de delitos de desordes públicas, atentado a axentes da autoridade e lesións.

A Policía Nacional informa nun comunicado deses arrestos. Explica que ese día un grupo de manifestantes acometeu "con gran violencia" contra o dispositivo policial, formado por unidades da U.I.P. e U.P.R. Daquela realizaran dúas detencións, imputándoselle delitos de desordes públicas, atentado a axente da Autoridade e danos.

Destacan desde a policía que durante as protestas quedaron feridos dezaseis policías e que esa manifestación do sector do mexillón non fora legalmente comunicada. A pesar diso, asegura, concentráronse "arredor de 450" persoas fronte ao edificio administrativo da Xunta

Durante os disturbios, prosegue o relato da Policía Nacional, comisouse numeroso material utilizado polos manifestantes, como paus de gran tamaño, petardos, parafusos, porcas, cadeas, reixas metálicas dos desaugadoiros e bolardos metálicos, así como utensilios de fabricación caseira para o lanzamento de obxectos.

Tras estes incidentes derivados do enfrontamento dos manifestantes cos axentes e onde se realizaron esas dúas detencións. Non obstante, as autoridades non deron por pechada a investigación con eses dous arrestos.

Finalmente, e tras varias semanas, conclúe o comunicado policial, identificaron os que sinalan como principais participes destes feitos, practicándose oito novas detencións pola súa presunta participación nos disturbios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade