Cargando resultados...
Difícil rescate de tres tenreiras frisoas arrastradas tras caer ao río Deza
Difícil rescate de tres tenreiras frisoas arrastradas tras caer ao río Deza
G24.gal
14/11/2021 20:33
Complicado rescate no río Deza. Complicado e inusual, porque as que caeran ao río eran tres tenreiras frisoas.
Escaparan dunha granxa próxima, en Vila de Cruces. O caso é que os animais percorreron cinco quilómetros, caeron no río e foron arrastradas pola corrente. Rescatar os animais foi tan complicado que unha delas aínda agardaba esta tarde para que a sacaran da zona.
Os propietarios da granxa están convencidos de que fuxiron nunha estampada provocada polo lobo. Foi o venres pola mañá, e durante a fuxida os animais derrubaron o valo. Conseguiron atopalas grazas ás pegadas que deixaron no camiño.
.