Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous detidos por un asalto con agresión e roubo en Portosín, na Barbanza

Dous detidos por un asalto con agresión e roubo en Portosín, na Barbanza

G24.gal 14/08/2022 12:54

A Garda Civil detivo dous homes como supostos autores dun asalto con agresión e roubo en Portosín, no concello de Porto do Son.

Os arrestados, conforme a denuncia presentada pola vítima, asaltaron outro home, ao que abordaron polas costas, tirárono ao chan e roubáronlle 400 euros.

A investigación levou ata os agora detidos, un residente en Portosín e o outro en Ponteareas, aos que recoñeceu a vítima.

Impútanlles un delito de roubo con violencia e outro de lesións e o xulgado decretou unha orde de afastamento de 300 metros respecto ao agredido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade