Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacúan dous menores tras envorcar a súa lancha inchable nunha praia de Fisterra

Evacúan dous menores tras envorcar a súa lancha inchable nunha praia de Fisterra

Trasladáronos ao Hospital Virxe da Xunqueira con síntomas de hipotermia

Aínda que actuaron os servizos de Salvamento, lograron saír da auga polos seus propios medios

Imaxes da praia de Lagosteira, en Fisterra Imaxes da praia de Lagosteira, en Fisterra
G24.gal 20/08/2023 22:02 Última actualización 20/08/2023 22:18

Dous menores tiveron que ser evacuados este domingo con síntomas de hipotermia tras envorcar a lancha inchable na que se atopaban na praia de Lagosteira, en Fisterra.

O 112 Galicia informou de que o suceso se produciu sobre as 16:30 horas. Nese momento, un particular que estaba no areal avisaba a central de emerxencias explicando que a lancha envorcara a varios centos de metros da liña de costa.

Ambos levaban chaleco salvavidas e un familiar dun deles internouse no mar para auxilialos, pero ningún dos tres era capaz de alcanzar a beira do mar nun primeiro momento.

Así, o 112 mobilizou un operativo en que participaron os servizos sanitarios, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os dous menores conseguiron saír polos seus propios medios, mentres que o pai foi asistido por outros bañistas.

Os nenos foron evacuados ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para recibir asistencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade