Dous móbiles e un auricular: detectan un home copiando no exame do carné de conducir
Dous móbiles e un auricular: detectan un home copiando no exame do carné de conducir
O home transmitía ao exterior as preguntas enviando imaxes do exame e recibía as respostas cun pinganillo
A Garda Civil descubriu a trampa cando o sospeitoso realizaba a proba na Coruña hai un mes
A Garda Civil detectou un home que acudiu a un exame teórico para obter o permiso conducir cun sistema de audio e vídeo que lle permitía transmitir ao exterior as preguntas e recibir as respostas nun auricular.
O home, de nacionalidade paquistaní, presentouse ao exame teórico do carné de conducir tipo B na cidade da Coruña o pasado martes 27 de febreiro, segundo informou este mércores a Garda Civil.
Levaba consigo oculto baixo a roupa un sistema composto de dous teléfonos móbiles que lle permitía enviar a unha persoa fóra do lugar do exame imaxes en que podían lerse as preguntas, cuxas respostas recibía nun pequeno auricular introducido na orella.
Axentes da Xefatura Provincial de Tráfico decatáronse do que ocorría e formularon a correspondente denuncia por uns feitos que están considerados como unha infracción moi grave na Lei de Tráfico e que pode carrexar a prohibición de presentarse de novo ao exame por un período de medio ano.