Publicador de contidos
Publicador de contidos

Loito na Cañiza pola morte de dúas persoas nunha planta de reciclaxe

Loito na Cañiza pola morte de dúas persoas nunha planta de reciclaxe

As vítimas son unha muller de 42 anos e un home de 50 que quedaron baixo un saco de microplásticos queimado

A empresa en que se produciu o accidente
G24.gal 17/02/2024 08:54 Última actualización 17/02/2024 21:01

Loito na Cañiza polas dúas persoas falecidas no accidente laboral que se rexistrou este sábado nunha planta de reciclaxe de plásticos. As vítimas son unha muller de 42 anos e un home de 50.

Os dous eran veciños da vila e deixan fillos pequenos. Durante toda a fin de semana, as bandeiras da casa do concello ondearán a media hasta.

"Realmente estamos consternados e eu o que quero é lamentar o tráxico accidente e trasladarlle o pésame ás familias en nome dos veciños e veciñas da Cañiza, en nome tamén da corporación e no meu propio", asegura Luís Piña, alcalde do municipio.

O 112 recibiu unha chamada sobre as dúas da mañá. Un empregado aseguraba que había dous compañeiros atrapados baixo un saco de plástico queimado e que lle parecía que estaban mortos porque non se movían.

Bombeiros do grupo de emerxencias de Ribadavia retiraron o saco, que pode roldar os 2.000 quilos, e recuperaron os corpos.

"Estaban debaixo do saco manipulando e por algunha razón que se está a investigar caeulles enriba e segundo dixo o médico do PAC a morte foi instantánea", relata Nardo Domínguez, do GES de Ribadavia.

Axentes especializados da Garda Civil, que se desprazaron ata a nave, tentarán determinar as circunstancias do accidente. As cámaras de gravación da empresa serán claves á hora de esclarecer as causas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade