En liberdade os cinco acusados de secuestrar, agredir e ameazar un home na Coruña
En liberdade os cinco acusados de secuestrar, agredir e ameazar un home na Coruña
Todos eles son "amigos de longa duración"
Esta mañá pasaron a disposición xudicial na Coruña os cinco detidos, o pasado luns, por presuntamente secuestrar, agredir e ameazar un home.
A Policía Nacional prendeunos, tras darlles o alto, ao detectar unha mala manobra realizada por un dos dous vehículos en que se desprazaban desde Ferrol, na confluencia da rolda de Outeiro co barrio de Vioño.
E foi precisamente nese momento cando o suposto damnificado aproveitou para contarlles aos axentes que esas cinco persoas o tiveran retido contra a súa vontade, durante tres días, nas súas casas, onde, presuntamente, mallaron nel en repetidas ocasións e o ameazaron de morte.
Porén, unha das defensas entende que non hai probas contras eles. Di que unicamente existe o relato que lle deu a presunta vítima á policía cando interceptaron os dous coches.
Tras dar a súa versión dos feitos perante o xuíz, os cinco, tres homes e dúas mulleres, quedaron en liberdade e sen medidas cautelares.