O sector da pesca de fondo non espera o informe científico ata o verán
O sector da pesca de fondo non espera o informe científico ata o verán
O presidente da Alianza Europea da Pesca de Fondo, Ivan Lípez, cre que non a UE non vai dar marcha atrás no veto
O presidente da Alianza Europea da Pesca de Fondo, Iván López, estivo no Bos días para comentar as perspectivas dun sector que está á espera de coñecer os resultados do informe científico que debe analizar as consecuencias do veto. "A revisión vai levar o seu tempo e previsiblemente non será ata xullo ou setembro cando se publique, pero cremos que a UE non vai dar marcha atrás", dixo.
"O Estado cumpriu, presentou o recurso que prometeu, e tamén a Xunta, que está motivando a xente para participar. O problema é que vai para longo, moi previsiblemente ata despois do verán non vexamos nada", engadiu López.
O presidente da Alianza Europea da Pesca de Fondo cre que "hai demasiado esforzo para que a ciencia encaixe nunha decisión xa tomada, no canto de agardar a ver que recomenda a ciencia". "Hai unha determinación total na UE de senda medioambientalista e pesca está sendo mellor medio para demostrar o verdes que son, pero sen pensar nas consecuencias", conclúe.