Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o sancristán de Carballo ao que lle caeu na cabeza a imaxe dun santo

Falece o sancristán de Carballo ao que lle caeu na cabeza a imaxe dun santo

Morreu a noite pasada no hospital da Coruña a causa das feridas

G24.gal 24/03/2024 15:56 Última actualización 24/03/2024 16:27

O sancristán da igrexa de San Xoán de Carballo, ferido este sábado ao caerlle a imaxe dun santo na cabeza, faleceu nas últimas horas segundo fontes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) onde fora ingresado.

O home, de 78 anos, sentírase indisposto e apoiárase na figura que, finalmente, lle caeu enriba e causoulle feridas graves. Un helicóptero das urxencias sanitarias trasladouno ao hospital coruñés, onde faleceu esta noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade