Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oito falecidos en praias e piscinas durante a fin de semana, entre eles un neno

Oito falecidos en praias e piscinas durante a fin de semana, entre eles un neno

Socorristas e servizos de emerxencia intentaron reanimalo na piscina municipal de Zaragoza durante 45 minutos

Garda Civil e Policía Xudicial investigan as circunstancias nas que se produciu a morte

Foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Aragón, onde se lle practicará a autopsia

G24.gal 09/07/2023 20:42 Última actualización 09/07/2023 21:49

Un neno de 8 anos foi atopado inconsciente sobre as tres menos dez da tarde deste domingo  dentro da piscina municipal do barrio de Casetas, en Zaragoza. 

As persoas ao cargo das instalacións sacábano da auga, comezaban as manobras de primeiros auxilios e activaban o protocolo de emerxencia sanitaria.

Ata o lugar desprazábase persoal médico do centro de saúde e do 061, que continuaban coa reanimación que comezaran os socorristas. Os intentos por reanimalo duraron uns 45 minutos, pero non conseguiron salvar a vida do pequeno. 

Á piscina municipal tamén acudían efectivos da Garda Civil e da Policía Local. Polo momento descoñécense as circunstancias exactas nas que se produciron os feitos. Algunhas fontes apuntan a que puido sufrir un corte de dixestión. 

O menor, de orixe paquistaní, estaba na piscina acompañado polo seu pai e outros familiares.
O corpo do pequeno foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal e Ciencias Forenses de Aragón, onde se lle practicará a autopsia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade