Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha persoa nun choque múltiple en San Cibrao das Viñas

Morre unha persoa nun choque múltiple en San Cibrao das Viñas

Outras dúas persoas están graves e unha terceira sufriu feridas leves

Un camión bateu contra un furgón e contra un coche da Garda Civil

O sinistro produciuse pasadas as doce do mediodía na N-525

G24.gal 09/02/2023 13:42 Última actualización 09/02/2023 14:36

Un grave accidente rexistrado na N-525, ao seu paso polo termo municipal de San Cibrao das Viñas, rematou cunha persoa falecida e tres feridas de diversa consideración.

Segundo o 112, o sinistro ocorreu pasadas as doce do mediodía no quilómetro 228, á altura de Ponte Noalla,  ao bater de xeito frontolateral un tráiler, un furgón e un coche da Garda Civil. 

As hipóteses iniciais apuntan a que o camión, tras rebentarlle un pneumático, invadiu o carril contrario e acabou batendo contra os outros dous vehículos.

Como consecuencia, o condutor da furgoneta faleceu e os que guiaban os outros vehículos implicados están graves. O pasaxeiros do turismo sufriu feridas leves.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros de San Cibrao, do GES do Pereiro de Aguiar, persoal de urxencias sanitarias, axentes da Garda Civil, membros de Protección Civil e un helicóptero medicalizado.

O coche implicado no sinistro O coche implicado no sinistro
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade