Publicador de contidos
Publicador de contidos

A parella da falecida na explosión da Habana está fóra de perigo

A parella da falecida na explosión da Habana está fóra de perigo

Segundo o alcalde das Pontes, o home foi operado nas últimas horas das diversas fracturas que sufriu

G24.gal 08/05/2022 09:44 Última actualización 08/05/2022 14:55

O mozo de Cristina López-Cerón, falecida na explosión do hotel cubano, parece estar fóra de perigo. O alcalde das Pontes confirmoulle a un equipo da Televisión de Galicia que foi operado nas últimas horas das diversas fracturas que sufriu. 

Segundo o rexedor, o estado de César Román é delicado pero en principio non se teme pola súa vida. Ademais, Valentín González Formoso asegurou que parte da familia da parella viaxa cara á Habana.

Malia ser veciña de Viveiro, Cristina López-Cerón traballaba nunha sucursal bancaria en Ortigueira e residía no concello das Pontes co seu mozo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade