Cargando resultados...
Frear antes dun radar é tamén motivo de sanción
Frear antes dun radar é tamén motivo de sanción
Radares en fervenza é a a ferramenta que usa a DXT para cazar os que frean antes e aceleran cando o superan
Radares en fervenza para cazar os que frean antes dun radar
G24.gal
05/07/2023 14:42
Faise de forma case instintiva. Pisar o freo ante un radar é unha práctica moi habitual. Pero esa redución brusca de velocidade pode ser perigosa.
Por iso a DXT persegue os que non cumpren as normas. Estas manobras de freadas bruscas están sancionadas segundo o artigo 53 do Código de Circulación con 200 euros e a retirada de catro puntos.
Para disuadir os condutores que frean ante os radares que teñen localizados e unha vez superados volven acelerar, a DXT está poñendo en funcionamento os radares en fervenza, que son unha combinación de dispositivos móbiles antes e despois doutro fixo e previamente sinalizado.