Publicador de contidos
Publicador de contidos

Homenaxean a Samuel Luiz no segundo aniversario da súa morte

Homenaxean a Samuel Luiz no segundo aniversario da súa morte

Convocan a todos os cidadáns a sumarse a un minuto de silencio e á ofrenda floral

G24.gal 03/07/2023 14:41

Flores, mensaxes e bandeiras comezan a encher a beirarrúa da avenida de Bos Aires, onde, hai dous anos, Samuel Luiz, tras ser atacado e golpeado por un grupo de mozos, perdía a vida.

O brutal suceso non caeu no esquecemento. Este luns, coincidindo co segundo aniversario da súa morte, a asociación ALAS A Coruña vai celebrar unha vixilia que dará comezo ás oito da tarde.

Cando aínda non hai data para a vista oral, aproveitarán o acto para pedir que se faga xustiza.

A investigación policial prendeu sete mozos implicados na malleira mortal. Cinco deles maiores de idade, dos que tres continúan en prisión provisional. Os outros dous eran menores no momento dos feitos e xa foron condenados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade