Publicador de contidos
Publicador de contidos

Identifican dez furtivos aos que lles requisan 50 quilos de marisco en Bergondo

Identifican dez furtivos aos que lles requisan 50 quilos de marisco en Bergondo

O valor no mercado dos diferentes tipos de marisco estaría en máis de 1.200 euros

G24.gal 11/06/2023 15:50

O Seprona identifica dez furtivos nunha praia de Bergondo e aprehende cincuenta quilos de marisco valorado en máis de 1.200 euros.

A Garda Civil incautouse de cincuenta quilos de marisco extraído ilegalmente nunha praia do concello coruñés de Bergondo.

Axentes do Seprona devolveron ao mar o marisco aprehendido, principalmente longueirón, pero tamén ameixa e berberecho, procedentes do areal do Regueiro, na ría de Sada. Os axentes identificaron por estes feitos dez persoas, que carecían do permiso de extracción pertinente. O valor das especies comisadas supera os 1.250 euros, e as que non puideron levar de volta ao mar, foron doadas á asociación benéfica Padre Rubinos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade