Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisan 900 litros de gasóleo tipo B en Val do Dubra por uso fraudulento

Comisan 900 litros de gasóleo tipo B en Val do Dubra por uso fraudulento

Unha empresa da vila usaba o gasóleo bonificado para os seus vehículos

G24.gal 11/02/2023 12:38

A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Noia incautouse de 900 litros de gasóleo tipo B no termo municipal de Val do Dubra.

Os feitos sucederon tras localizar un vehículo industrial facendo uso fraudulento de gasóleo bonificado durante un control de carburantes en Santiago de Compostela.

Ante a sospeita de que outros vehículos da empresa usarsen de xeito fraudulento o mesmo tipo de carburante, os compoñentes da unidade procederon á inspección das instalacións da empresa titular do vehículo.

Así localizaron outro vehículo industrial con este tipo de gasóleo no seu depósito e un depósito con 1.000 litros de capacidade, que contiña 900 litros gasóleo bonificado.

Os axentes precintaron o depósito atopado e incautáronse do gasóleo tipo B. Ademais realizaron tres actas-denuncia por supostas infraccións á Lei 38/1992 de Impostos Especiais.

O gasóleo incautado depositouse nas instalacións da empresa ao dispor da Dependencia Rexional de Aduanas e Impostos Especiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade