Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interceptado un menor por conducir unha moto sen carné e sen matrícula en Oleiros

Interceptado un menor por conducir unha moto sen carné e sen matrícula en Oleiros

O mozo, de 15 anos, está investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria

G24.gal 08/02/2024 09:40

A Garda Civil da Coruña investiga a un menor de 15 anos por conducir unha moto de 125 centímetros cúbicos sen carné e sen matrícula en Oleiros (A Coruña).

Unha patrulla da Garda Civil observou unha motocicleta circulando pola estrada AC-163 entre Sada e Mera no concello de Oleiros que non tiña matrícula. Tras darlle o alto, os axentes comprobaron que a moto non fora matriculada, polo que non pode circular por vías públicas.

O condutor, un menor de 15 anos, non tiña permiso de conducir, o que constitúe un suposto delito contra a seguridade viaria.  Os axentes procederon á instrución de dilixencias policiais por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade