Publicador de contidos
Publicador de contidos

O autor confeso do triplo parricidio de Elx ingresará nun centro de menores

O autor confeso do triplo parricidio de Elx ingresará nun centro de menores

O mozo de 15 anos pasou a disposición xudicial este domingo

G24.gal 13/02/2022 14:34

A xuíza de garda de Alacant acordou, a pedimento da Fiscalía, o internamento nun centro de menores, en réxime pechado, do adolescente de 15 anos que o venres pasado confesou que matara aos pais e o irmán de 10 anos na súa casa de Elx. O mozo pasou a primeira hora deste domingo a disposición xudicial. 

O autor confeso do parricidio pasou as dúas últimas noites nunha sala custodiada especialmente habilitada para menores dos calabozos da comisaría da Policía Nacional de Elx e, nas próximas horas, ingresará nun centro de menores.

Os feitos tiveron lugar o martes pasado na súa casa da pedanía ilicitana de Algoda tras unha discusión coa nai polas malas notas, polo que foi castigado sen wifi.

A continuación, o rapaz disparou mortalmente á súa nai e ao seu irmán cunha escopeta de caza e ocultou os corpos nun alpendre da casa de campo onde viven. Logo, agardou varias horas a que o pai regresara do traballo e matouno tamén a tiros.

O arresto produciuse o venres pola noite, despois de que unha veciña dera aviso aos servizos de emerxencia, nun caso que causou unha fonda conmoción en Elx, onde o concello decretou tres días de loito oficial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade