Cargando resultados...
Investigan a difusión de imaxes de menores espidas creadas con intelixencia artificial en Badaxoz
Investigan a difusión de imaxes de menores espidas creadas con intelixencia artificial en Badaxoz
Xa se formalizaron 7 denuncias
A policía cre que pode haber máis de 30 casos en varios institutos
Algúns dos presuntos autores xa están identificados
G24.gal
18/09/2023 20:35
Última actualización 18/09/2023 20:40
A Policía Nacional investiga a difusión de imaxes de menores espidas creadas con intelixencia artificial en Almendralexo, Badaxoz.
A alerta desatouna un grupo de nais con fillas de entre 12 e 14 anos da localidade. Sete delas xa formalizaron unha denuncia.
A policía cre que pode haber máis de trinta casos en varios institutos da provincia de Badaxoz e xa ten identificados algúns dos presuntos autores das imaxes simuladas. Son tamén adolescentes que creaban as montaxes cunha aplicación.
O caso está en mans da Fiscalía de Menores.