Lugo, Capital Cultural do Eixo Atlántico 2023
Lugo, Capital Cultural do Eixo Atlántico 2023
A feira Sabores do Eixo achega a gastronomía lusa a Galicia
O recinto da praza de abastos de Lugo acolleu a feira gastronómica Sabores do Eixo, unha oportunidade de compartir, dar a coñecer e potenciar os sabores da Eurorrexión do Eixo Atlántico, formado polo norte de Portugal e Galicia.
Unha das actividades da feira que conseguiu engaiolar ao público foi a da preparación dun dos pratos típicos portugueses: as francesiñas.
Na feira tamén houbo unha exhibición de produtos desta eurozona.
Estes produtores pertencen ao Eixo Atlántico, unha asociación de concellos de Galicia e do Norte de Portugal que traballan a prol do desenvolvemento desta Eurorrexión e que vai rotando a súa capitalidade. Dende febreiro a novembro deste ano tócalle a Lugo e nestes meses vanse desenvolver certames gastronómicos, festivais, exposicións e outras actividades que potencian esta Eurorrexión.