Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o crego de San Pedro de Soñar (Lugo) ao esvarar polas escaleiras

Falece o crego de San Pedro de Soñar (Lugo) ao esvarar polas escaleiras

Un veciño topou o corpo sen vida do sacerdote diante da súa casa

G24.gal 28/01/2023 19:36 Última actualización 28/01/2023 20:31

Eran sobre as once da mañá cando un veciño da parroquia luguesa de San Pedro de Soñar daba a voz de alarma logo de atopar o crego morto diante da súa casa.

Ata o lugar desprazouse a Policía Nacional e tamén os servizos sanitarios, que só puideron certificar o seu falecemento.

Todo parece indicar que se tratou dun accidente doméstico que se produciu logo de que o sacerdote saíra da casa e esborrexera polas escaleiras que dan acceso á vivenda, un edificio que está situado apenas a uns metros da igrexa de San Pedro de Soñar.

Era unha das parroquias que atendía o crego, de 82 anos, un home moi coñecido na zona polo seu labor eclesiástico, xa que seguía participando activamente na igrexa.

Dáse a circunstancia de que o sacerdote xa non vivía na casa, malia que acudía a ela case a diario para encargarse do seu coidado e mantemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade