Falece un home en Melón tras sufrir a picadura dunha avespa
Falece un home en Melón tras sufrir a picadura dunha avespa
Ata o lugar desprazouse un equipo médico a bordo do helicóptero do 061 con base en Ourense pero nada puideron facer por salvarlle a vida
O 112 Galicia recibiu información sobre esta intervención contra as 10:30 horas deste sábado polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tiñan en marcha o operativo de asistencia, e pedían colaboración para a aterraxe no lugar do helicóptero medicalizado.
Trasladaron a información aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Melón. Finalmente, comunicaron que o home faleceu.
O tráxico suceso rexistrouse no Coruxal, no concello ourensán de Melón. O home duns 70 anos recollía ao parecer a mel dunhas colmeas próximas á súa vivenda cando lle picaron varias velutinas. Faleceu caso no acto.