Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un motorista de Sarria de 57 anos ao bater contra un camión

Morre un motorista de Sarria de 57 anos ao bater contra un camión

Varias persoas foron testemuñas do sinistro mortal, entre elas, o pai da vítima

G24.gal 20/07/2023 08:36

Un motorista de 57 anos veciño de Sarria faleceu nun accidente de tráfico na estrada LU-P5701, que vai de Sarria a Láncara, ao bater contra un camión ríxido que ía cargado de madeira.

O accidente, informou a Garda Civil, ocorreu ás nove e cuarto da noite. Varias persoas foron testemuñas do sinistro mortal.  Unha delas, o pai da vítima, que conducía un vehículo detrás.

O falecido era coñecido na vila por ter unha zapatería fronte á estación de autobuses. Segundo os seus, a vítima nunca corría na moto, daquela, nun principio, descártase que cometese algunha imprudencia. A Garda Civil xa investiga o sucedido.

O 061 sinala que ao lugar acudiu persoal sanitario do Punto de Atención Continuada de Sarria, e foron mobilizados tanto o helicóptero como unha ambulancia de soporte vital básico, pero non puideron salvarlle a vida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade