Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un traballador en Boqueixón ao quedar atrapado nunha máquina

Morre un traballador en Boqueixón ao quedar atrapado nunha máquina

Os sanitarios desprazados á zona só puideron certificar o seu falecemento

G24.gal 27/07/2023 17:22 Última actualización 27/07/2023 17:48

Un traballador faleceu na tarde deste xoves no municipio de Boqueixón ao quedar atrapado por unha máquina nunha fábrica de tratamento de casca de piñeiro.

Foi un compañeiro da vítima quen chamou a emerxencias para alertar do sucedido.

Ata o lugar mobilizouse o helicóptero sanitario con base en Santiago de Compostela cun equipo de profesionais, que pouco despois certificou o falecemento.

Tamén participaron no dispositivo os Bombeiros de Santiago e Ordes así como voluntarios de Protección Civil de Boqueixón e axentes da Garda Civil.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade