Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre no Canadá un tripulante da armadora Nores, a mesma do Pitanxo, nunha manobra na cuberta

Morre no Canadá un tripulante da armadora Nores, a mesma do Pitanxo, nunha manobra na cuberta

O accidente obrigou ao buque a poñer rumbo á terra e diríxese cara o porto de St. Johns

G24.gal 14/04/2023 12:29

A traxedia volve sacudir o Grupo Nores, a armadora do Villa de Pitanxo, que tamén ten o Villa Nores, buque xemelgo do arrastreiro afundido. 

O escenario foi o mesmo: as augas de Terra Nova. Aínda que a empresa garda silencio sobre o ocorrido, sóubose que un tripulante de orixe indonesia faleceu durante unha manobra na cuberta.

Ao parecer sufriu un forte golpe na cabeza cunha pasteca, unha polea de aceiro que se usa para elevar ou arrastrar a carga. O accidente obrigou ao buque a poñer rumbo á terra e diríxese cara o porto de St. Johns.

O Villa Nores foi construído en 2004. Ten 66 metros de eslora e 9 de manga tras ser sometido a un proceso de alongamento para incrementar a súa capacidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade