Publicador de contidos
Publicador de contidos

O autor confeso do crime triplo de Valga poderá intervir no xuízo este luns

O autor confeso do crime triplo de Valga poderá intervir no xuízo este luns

José Luís Abet non quixo declarar ata o momento na vista oral

A Fiscalía e as acusacións piden prisión permanente revisable

A defensa solicita a atenuante de confesión tardía
 

José Luís Abet na Audiencia de Pontevedra
G24.gal 11/03/2023 11:43 Última actualización 11/03/2023 12:11

A vista oral polo crime triplo de Valga rematará previsiblemente o luns que vén coa presentación das alegacións finais. José Luis Abet enfróntase á pena de prisión permanente revisable por asasinar a tiros a súa exparella, a súa exsogra e a súa excuñada en Valga, en setembro de 2019.

A petición da Fiscalía, o xuízo celébrase a porta pechada para protexer a integridade psíquica e moral dos seus fillos que tiñan sete e catro anos cando presenciaron o asasinato da súa nai.

O seu avogado quere que se lle aplique a atenuante de confesión tardía. Tanto a Fiscalía coma os avogados da acusación particular e popular pedían inicialmente a pena de prisión permanente revisable. 

"Apreciamos que se trataba dun crime machista, un comportamento presidido por un afán de dominación, cosificación e de tendencia á superioridade cara á vítima. Iso foi o que vimos desde o primeiro momento. Agora aínda referendamos máis esta opinión", asegura Francisco José Lago, avogado da acusación popular.

Abet confesara ser o autor do triplo asasinato tras ser detido pero diante do tribunal da Audiencia de Pontevedra non quixo declarar. Xa se verá se fai uso do dereito á última palabra ao remate do xuízo, antes de que o xurado popular se retire para deliberar o veredicto.

"A actitude del está sendo totalmente pasiva, el está escoitando todo o que se di e nada máis, non manifestou nada en todos os días do xuízo", di Manuel Martín García avogado da acusación particular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade