Cargando resultados...
O incendio das discotecas de Murcia volve poñer en cuestión a seguridade dos locais de ocio
O incendio das discotecas de Murcia volve poñer en cuestión a seguridade dos locais de ocio
As familias das 13 vítimas prepáranse para un longo proceso xudicial
G24.gal
07/10/2023 15:30
Última actualización 06/10/2023 21:18
A traxedia do incendio nas discotecas de Murcia volve poñer en cuestión a seguridade dos locais de ocio. Tamén o papel das administracións para facer cumprir as normas. Os dous locais máis afectados funcionaban sen licenza e ninguén no concello soubo explicar porque non se executaron as ordes de precinto.
Ata que avance a investigación, o caso deixa máis dúbidas que certezas. Tampouco se sabe onde nin porque comezou o incendio.
As familias das 13 vítimas mortais enfróntanse a un drama pero tamén a un longo proceso xudicial que, no mellor dos casos, determinará responsabilidades e permitirá que reciban unha indemnización.