Publicador de contidos
Publicador de contidos

O palangre galego, preocupado pola posible prohibición da pesca da quenlla

O palangre galego, preocupado pola posible prohibición da pesca da quenlla

A cuestión estudarase no mes de novembro, pero Bruxelas deulle o seu apoio á prohibición

G24.gal 19/09/2022 16:53

Moita preocupación na frota galega do palangre pola posible prohibición da pesca da quenlla. 

Os palangreiros póñense no peor despois de que Bruxelas apoiara a inclusión da quenlla na lista de especies protexidas a consecuencia dunha proposta de Panamá.

Ao sector sorpréndelles a proposta que, segundo a FAO, carece de base científica e descarta que poida confundirse con outro tipo de escualos. 

De prohibirse a pesca desta especie temen importantes perdas económicas. Para o palangre supón máis da metade das súas capturas.

Aínda máis lles sorprende o voto dos eurodeputados de medio ambiente a favor da proposta para incluír a quenlla no CITES, é dicir, catalogala como especie ameazada.  

De prohibirse a pesca desta especie temen importantes perdas económicas. Para o palangre supón máis da metade das súas capturas.

En novembro analizarase a inclusión da quenlla entre as especies protexidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade