O porto da Coruña chegará este ano as ás 150 escalas de cruceiros
O porto da Coruña chegará este ano as ás 150 escalas de cruceiros
Estiman que van sumar 200.000 visitantes e superar o récord histórico de 2017
Este mércores houbo unha escala simultanea de dous barcos que suman 6.000 pasaxeiros
A do Disney Magic foi a primeira visita dun cruceiro da Disney á Coruña
Os grandes portos galegos son unha escala cada vez máis habitual nas rutas de cruceiros. Son auténticas cidades flotantes que cambian por momentos o perfil urbano e socioeconómico. O Sky Princess, de 330 metros de eslora, atracou este mércores no porto da Coruña con 3.600 pasaxeiros a bordo. A maioría era a primeira vez que visitaban a cidade.
Pero ese non foi o único gran cruceiro que parou hoxe no porto coruñés. Por primeira vez fíxoo tamén un barco da Disney, un dos catro buques que ten a multinacional americana. O Disney Magic sumou outros 2.400 visitantes que temporalmente cambiaron o programa de entretemento a bordo polos atractivos locais.
No porto coruñés contan que este ano superarán a súa mellor cifra histórica do ano 2017 e chegarán ás 150 escalas de cruceiros, o que equivale a uns 200.000 visitantes.