Publicador de contidos
Publicador de contidos

O porto de Vigo acolle o maior portacontedores do mundo

O porto de Vigo acolle o maior portacontedores do mundo

As cifras abraian: caberían catro campos de fútbol ao longo, e ten a altura dun edificio de vinte andares

Chegou de madrugada nunha escala técnica para unha reparación, e marca un fito na historia do porto de Vigo porque é o mais grande que atracou nunca aí

G24.gal 24/10/2023 14:05

O porto de Vigo recibiu este martes a visita dun dos maiores xigantes xamais construídos para a navegación. É o MSC Turkiye, o barco portacolectores máis grande do mundo. As súas medidas impresionan. O buque fixo unha parada técnica camiño de Turquía, onde protagonizará unha cerimonia con motivo do centenario da fundación da república.

É o quinto dunha serie de seis megaportacolectores construídos para a Mediterranean Shipping Company. As cifras abraian: caberían catro campos de fútbol ao longo, e ten a altura dun edificio de vinte andares. O seu peso, baleiro, é dunhas 236.000 toneladas, o equivalente a 830 avións Antonov -os máis grandes do mundo, xuntos. 

Trátase dun xigante do mar de catrocentos metros de eslora e sesenta e cinco de manga que leva só dous meses navegando. Chegou de madrugada nunha escala técnica para unha reparación, e marca un fito na historia do porto de Vigo porque é o mais grande que atracou nunca aquí. Un auténtico coloso do mar con capacidade para máis de 24.000 colectores.

Pablo González, director de Comunicación do grupo Davila di que "é un barco coa última tecnoloxía, cos sistemas de navegación máis rápida, acada 20 nós, ten eficiencia enerxética, a verdade é que é unha marabilla tecnolóxica". 

Cun motor principal cunha potencia de 71.000 quilowatts, este xigante conectará Europa con Asia. Nesta escala en Vigo destronou a marca do maior portacolectores que chegara á ría, que tiña dende o 2020 un buque alemán de 33 metros de eslora.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade