Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presunto violador de Igualada, identificado grazas ao vídeo dun veciño

O presunto violador de Igualada, identificado grazas ao vídeo dun veciño

Decatouse unha policía que investigaba a violación ao ver que as zapatillas e a mochila eran as mesmas

G24.gal 13/05/2022 08:36

O presunto violador da menor de Igualada foi identificado grazas a un vídeo. Gravouno un veciño a mesma noite dos feitos, unhas horas antes, para denunciar o ataque de varios mozos contra coches aparcados. Nesa ringleira vai o agresor, cuberto cunha capucha.

Decatouse unha policía que investigaba a violación ao ver que as zapatillas e a mochila eran as mesmas que aparecían nas imaxes gravadas polas cámaras de seguridade do polígono onde se produciu logo a agresión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade