Os menús degustación do restaurante Auga e Sal que valen unha estrela Michelin
Os menús degustación do restaurante Auga e Sal que valen unha estrela Michelin
É o único galego que recibiu este ano a prestixiosa distinción
Leva un ano cunha nova proposta gastronómica a base de menús degustación
O Restaurante compostelán Auga e sal acaba de recibir unha estrela Michelin, a prestixiosa distinción do mundo da gastronomía. Trátase da primeira estrela que consegue e celébrano como un recoñecemento a todo un equipo que desde hai un ano traballa no restaurante cunha nova proposta a base de menús degustación.
A marca do restaurante di estar na calidade, con produtos da terra, nunha técnica adaptada a eses produtos e cunha creatividade respectuosa con eles xunto ao concepto de cociña de temporada e viños de produtores que coñezan a elaboración dos seus caldos.
Auga e Sal abriu en 2016. O seu propietario é Alberto Ruíz Gallardón, madrileño que leva 10 anos afincado en Galicia e que deixou a súa profesión de xurista para emprender este proxecto. Hai pouco máis dun ano cambiou o modelo e incorporou un novo equipo co cociñeiro Axel Smith como xefe de cociña.