Cargando resultados...
O veto europeo á pesca de fondo provoca a fuga de traballadores
O veto europeo á pesca de fondo provoca a fuga de traballadores
Son sobre todo traballadores titulados, como patróns e xefes de máquina
Marchan a outras embarcacións na busca de mellores condicións, pescar máis e cobrar máis
G24.gal
27/03/2023 14:15
Nos seis primeiros meses de vixencia, a medida provocou un descenso de máis do trinta por cento das capturas do palangre de fondo do Gran Sol.
Nesta situación, o palangre deixa de ser atractiva para os traballadores.
Entre a tripulación buscan frotas máis rendibles, sobre todo os profesionais titulados como patróns e xefes de máquinas, que sofren unha mingua de ingresos.
A frota máis afectada é a pescada do pincho, principal sustento no norte galego e que xa reduciu nun terzo o seu volume.