Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os canteiráns do Real Madrid, libres á espera da investigación xudicial

Os canteiráns do Real Madrid, libres á espera da investigación xudicial

Enfróntanse a un presunto delito de revelación de segredos de índole sexual penado con ata cinco anos de prisión

O delegado do Goberno nas Canarias di que hai que agardar pola investigación xudicial

G24.gal 15/09/2023 14:54

Os catro canteiráns do Real Madrid investigados por difundir un vídeo sexual cunha menor agardan a que remate a investigación xudial. Quedaron libres despois de declarar ante a Garda Civil e da análise dos seus móbiles. O atestado vai ser remitido ao xulgado das Palmas onde se presentou a denuncia.

Foi a nai da menor a que denunciou nas Palmas a existencia dun vídeo que contiña relacións sexuais da súa filla de 16 anos cun dos detidos. Eran consentidas pero, segundo a denuncia, en ningún momento autorizou que foran gravadas e difundidas.

As pescudas levaron a Garda Civil ata a cidade deportiva de Valdebebas. Alí detivo o presunto autor da gravación e dous futbolistas aos que supostamente lles pasou o vídeo e citou un cuarto en calidade de investigado. 

Todos quedaron en liberdade despois do interrogatorio dos axentes e á espera do que decida o xuíz, que podería tomarlles declaración por videoconferencia.

A análise dos seus móbiles vai ser determinante na investigación para verificar a difusión desas imaxes e con quen as compartiron. 

Enfrontanse a un presunto delito de revelación de segredos de índole sexual penado con ata cinco anos de prisión. 

Tres xogan no Real Madrid C e un no Castela. Nun comunicado o club di que adoptará medidas cando saiba con detalle que pasou. 

O delegado do Goberno en Canarias confirma que se avanza na investigación pero que hai que agardar. "Se lles retiraron os móbles para analizar o seu contido. A partir de que ese contido se analice, se poderá corroborar se esa denuncia pode ser correcta ou non. Temos que agardar, agardar ademáis pola investigación xudicial", di Anselmo Pestana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade