Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os capóns de Vilalba entran na fase final de engorde

Os capóns de Vilalba entran na fase final de engorde

Os animais van subir de prezo polo incremento dos custos de alimentación

Cada ave para o Nadal pesará entre cinco e seis quilos

G24.gal 24/11/2022 20:41

María Xosé cría este ano cen capóns de Vilalba para a súa venda para as festas do Nadal. Falta menos dun mes para que sexan sacrificados, e a día de hoxe só comen fariña de millo

Dentro de dúas semanas a súa dieta vai ser completada con patacas cocidas. Hai que cebalos nas capoeiras para que collan o meirande peso posible e para que a súa graxa, moi apreciada polos cociñeiros, se conforme no corpo.

O capón de Vilalba tampouco escapa da inflación. O saco de fariña de millo de 35 quilos subiu seis euros. Un só capón pode comer un saco nun mes.

Así, os criadores non teñen máis remedio que repercutir a suba dos custos no prezo do animal, aínda que co menor impacto posible.

Malia a suba, xa teñen confirmados os pedidos habituais e confían en vender toda a produción.

María Xosé calcula que dende o comezo da pandemia a metade dos criadores deixaron a actividade. Aínda así, confía en que a feira do capón do día 21 sexa todo un éxito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade