Cargando resultados...
A traxedia vívese como propia en todos os portos galegos
A traxedia vívese como propia en todos os portos galegos
O tráxico accidente volve golpear a xente do mar
Os mariñeiros galegos están afundidos na dor e na tristeza
G24.gal
16/02/2022 14:51
O naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo vestíu de loito todos os portos galegos onde os mariñeiros din estar aflixidos, angustiados e doloridos. Pero o certo é que ninguén é alleo a este tráxico accidente nas augas canadenses de Terra Nova.
Nas vilas mariñeiras din que desde as últimas horas unha sombra negra encolleu os seus corazóns porque non hai familia que non teña algún membro embarcado e que non saiba ao que se expón un mariñeiro cada vez que sae ao mar.
Agora, todos os nosos portos e Galicia enteira choran e honran os mariñeiros do Villa de Pitanxo.