Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cea prepárase para celebrar a festa do seu pan coa Ruta dos Fornos

Cea prepárase para celebrar a festa do seu pan coa Ruta dos Fornos

Percorren seis tafonas antigas nas que pode degustar pan con produtos autóctonos

G24.gal 02/07/2022 21:29 Última actualización 02/07/2022 21:59

Este domingo é a festa do pan de Cea, pero os veciños da zona xa empezaron a celebrala coa Ruta dos Fornos, pola zona vella da vila, unha tradición recente pero con moito éxito de participación. 

O forno da Eira é un deses fornos tradicionais recuperados incluídos na ruta, pero onde antes amasaban o pan, hoxe, cortan xamón.

"O pan de Cea marida con calquera produto: pementos de Herbón, queixo de Arzúa Ulloa, tetilla, pepitos de tenreira galega", asegura Carlos Rodríguez, presidente do Consello Regulador do Pan de Cea.

Produtos do mar e da terra, con viño das denominacións de orixe galegas, e todo por dez euros. De paso, visitan os antigos fornos, hoxe restaurados pero que xa non se empregan por cuestións sanitarias. Así e todo, o proceso de cocción segue sendo o mesmo.

"O sistema de cociña con leña, madeiras nobres, e cocido nun fogar de pedra", explica.

Trátase dunha elaboración artesá, sete horas de traballo desde o primeiro amasado ata que sae do forno o produto final, ese do que os veciños de Cea están tan orgullosos.

A celebración continúa toda a fin de semana, coa festa de exaltación do pan, para a que teñen preparadas dúas mil pezas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar