Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan en Zamora a avioneta desaparecida cando sobrevoaba Riós

Buscan en Zamora a avioneta desaparecida cando sobrevoaba Riós

Na aeronave viaxaba un só tripulante, natural de Andalucía

O dispositivo centrouse entre os municipios de Camarzana de Tera e Rionegro del Puente

A busca retomarase o venres a primeira hora da mañá

G24.gal 19/10/2022 22:26 Última actualización 20/10/2022 22:15

Ás oito da mañá retomáronse os traballos de busca da avioneta contraincendios desaparecida dende este mércores á tarde cando sobrevoaba a provincia de Ourense cun único tripulante.

Segundo informaron fontes da Garda Civil de Ourense, o dispositivo de procura céntrase nestes momentos entre os municipios zamoranos de Camarzana de Tera e Rionegro del Puente, última localización que brindou o teléfono móbil do piloto e único ocupante da aeronave, natural de Andalucía.

Segundo informou a empresa PLYSA, á que pertence, o piloto, único ocupante da avioneta, engalou contra as 11 da mañá dende a base aérea de Doade en Sober, para facer un voo de traslado ata Córdoba. Debido ás condicións meteorolóxicas adversas retornou á base cando voaba á altura de Salamanca. Pouco despois perdíase o sinal da baliza.

As últimas coordenadas do aparello detectáronse á altura do concello ourensán de Riós.

"Esta zona está moi cerca da fronteira portuguesa por iso tamén demos traslado a GNR e as autoridades portuguesas para que inicien un recoñecemento e unha busca nesa zona", explica Emilio González, subdelegado do Goberno en Ourense. 

"A busca céntrase sobre todo na xeolocalización do teléfono móbil porque a baliza e a perda de sinal da avioneta non nos serve de referencia para decidir onde imos buscar", di González.

Estivo despregado un amplo dispositivo de busca tanto de medios aéreos como terrestres coordinado entre as provincias de Ourense e Zamora. Participa a Garda Civil, Protección Civil e tamén axentes medioambientais e brigadas contraincendios da Xunta.

Non hai hipóteses polo de agora do que puido acontecer e está previsto aumentar os medios e a zona de busca se non hai resultados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade