Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación nas Pontes por César, o mozo da falecida na Habana, ferido na explosión

Preocupación nas Pontes por César, o mozo da falecida na Habana, ferido na explosión

Estaría moi grave pero estable tras unha operación cirúrxica

Familiares da parella xa viaxan cara á Habana

 O alcalde da vila, Valentín González Formoso, pendente das novidades de Cuba

G24.gal 07/05/2022 21:36 Última actualización 07/05/2022 21:45

César Román, o mozo da falecida,  tivo que ser intervido de urxencia nun hospital da illa caribeña. Estaría estable e fóra de perigo. É o que nos traslada o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, pendente en todo momento do teléfono e das novidades que poidan chegar desde Cuba.

O alcalde confirma tamén que algúns familiares viaxan xa cara á Habana.

Moitos ponteses souberon da tráxica noticia ao longo desta mesma tarde. As dúas familias, a de Cristina e a de César, contan con todo o agarimo e o apoio dos seus veciños.



 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade