Requisados 78 quilos de marisco nunha depuradora ilegal en Culleredo
Requisados 78 quilos de marisco nunha depuradora ilegal en Culleredo
Foi un operativo de loita contra o furtivismo realizado en coordinación coa Inspección Veterinaria, Gardacostas de Galicia, Policía Local da Coruña e Augas de Galicia
A Policía Autonómica comisaou 78 quilos de marisco nunha depuradora ilegal situada na ría do Burgo, no concello de Culleredo.
Segundo informou a Xunta a través dun comunicado, o comiso fíxose no marco dun operativo de loita contra o furtivismo realizado en coordinación coa Inspección Veterinaria, Gardacostas de Galicia, Policía Local da Coruña e Augas de Galicia.
Tras a inspección, comprobouse que o marisco, nunha piscina sen ningunha identificación, carecía de rastrexabilidade e da documentación necesaria sobre a súa procedencia.
O operativo levouse a cabo tras detectar movementos de entrada e saída de vehículos isotérmicos nun edificio próximo, e ruídos de clasificación de marisco, polo que se pediu autorización para o rexistro das instalacións.
Ademais, a Policía Autonómica tamén requisou 300 quilos de ameixas tras constatar que un grupo de persoas extraía este marisco de forma ilegal.
Estas dúas accións derivaron na investigación de catro persoas relacionadas cos feitos.