Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatados dous tripulantes dunha embarcación de recreo en Oleiros

Rescatados dous tripulantes dunha embarcación de recreo en Oleiros

Foron trasladados ao hospital, un con síntomas de hipotermia e o outro con varias costelas rotas

G24.gal 20/02/2024 12:40

Salvamento Marítimo rescatou dous tripulantes dunha embarcación de recreo que envorcou fronte á costa de Seixo Branco, en Oleiros (A Coruña). Segundo eles mesmos explIcaron, un golpe de mar inesperado provocou o naufraxio. 

Foi un particular o que deu o aviso ao 112 Galicia pasadas as once da mañá  cando dende o cumio do cantil de Seixo Branco observou que unha embarcación, tipo planadora e co nome de Flipper,  envorcaba e había dúas persoas na auga.  

Ata o lugar mobilizouse a Salvamar Betelgeuse que rescataba da auga os dous ocupantes da embarcación. Ambos tiñan posto o chaleco salvavidas. Foron evacuados ao porto de Oza. Un presentaba síntomas de hipotermia e o outro posible rotura de costelas, polo que foron trasladados en ambulancia a un centro hospitalario. 

Ata o lugar tamén se desprazaron un barco da Armad, o pesqueiro Anagelis e a embarcación Río Xallas da Garda Civil. Por terra tamén se mobilizaron efectivos de Protección Civil de Oleiros e dos Bombeiros da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade