Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan ilesos os tripulantes dun pesqueiro afundido preto do Cabo Vilán

Rescatan ilesos os tripulantes dun pesqueiro afundido preto do Cabo Vilán

O Nuevo María del Carmen comezou a escorar e xa non recuperou 

G24.gal 15/12/2021 17:11

Un barco puido rescatar os dous tripulantes do pesqueiro Nuevo María del Carmen que empezou a escorar e finalmente se afundiu a 1,7 millas do Cabo Vilán, en Camariñas, sen que puideran facer nada.

O centro de Fisterra recibiu o aviso do barco Borrasca II ás 12,42 do mediodía informando xa do afundimento. O Borrasca II levou os dous náufragos ata o porto de Camariñas. 

O Nuevo María del Carmen era un pesqueiro de 9,80 m de eslora e quedou afundido a 45 metros de profundidade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade