Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan tres mozos aos que arrastrou a corrente do río na Ponte Maceira, en Ames

Rescatan tres mozos aos que arrastrou a corrente do río na Ponte Maceira, en Ames

Eran dúas mozas e un rapaz que ían a bordo dunha balsa e que se refuxiaron nunha rocha cando caeron á auga

Ponte Maciersa /Arquivo Ponte Maciersa /Arquivo
G24.gal 09/06/2024 19:42

Os bombeiros de Santa Comba rescataron tres rapaces, dúas mozas e un mozo, aos que arrastrara a corrente do río na Ponte Maceira, en Ames, cando ían a bordo dunha balsa.

En concreto, os bombeiros recolléronos un a un cunha padiola dunha rocha na que se refuxiaban no medio do río mentres esperaban pola axuda.

Segundo información do 112 Galicia, as mozas caeran da balsa e, cando o terceiro mozo se dispuxo a axudalas, tamén se precipitou á auga.

Foi un particular quen, sobre as 17:30 horas deste domingo, alertou a central de emerxencias de que había tres mozos subidos a unha pedra no medio do río. Indicaba que un deles caeu e que estaba ferido, así como que había moita corrente.

Deste xeito, o 112 pasoulle o aviso a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Santa Comba, ao GES de Brión e á Garda Civil, que ao chegar ao lugar confirmaron que os mozos estaban illados e que necesitaban ser rescatados.

Finalmente, os bombeiros conseguiron salvalos con axuda dunha padiola e os afectados foron avaliados no mesmo lugar dos feitos polos profesionais sanitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade